lunes, 14 de febrero de 2022
Exposición sobre a II República
Durante a segunda quincena do mes de febreiro poderase ver a exposición “A proclamación da II República na Coruña” no recibidor do Instituto. Organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, consta dunha selección de 25 fotografías de 1931, cada unha delas cun texto explicativo, onde pódese observar, por exemplo, a conmemoración do aniversario da I República no Casino republicano coruñés, diversos momentos do encarceramento e xuízo do Comité revolucionario polos sucesos de Xaca de 1930, no que tivo un papel salientable o coruñés Santiago Casares Quiroga quen sería recibido na cidade herculina coma un heroe tras a súa posta en liberdade. Tamén hai varias fotografías das votacións do 12 de abril de 1931, así como titulares da prensa sobre ese día e os seguintes, a masiva presenza da cidadanía o 14 de abril nas rúas coruñesas e a toma de posesión do concello e alcaldía pola nova corporación republicana, ademais dos izados das bandeiras republicana e galega no balcón do Pazo de María Pita na mesma xornada na que foi proclamada a II República.
A exposición será complementada coa conferencia do catedrático e historiador Xosé Alfeirán “A proclamación da II República”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario