domingo, 19 de diciembre de 2021
Actuación no centro da compañía Pallasos en Rebeldía
O pasado venres 17 de decembro a asociación galega de Pallasos en Rebeldía presentou a súa obra 'Foot' no noso centro.
A obra, escrita polo dramaturgo palestino-americano, Ismail Khalidi, e protagonizada por Fran Rei, conta a historia dun futbolista palestino que intenta clasificar ao seu equipo para a Copa Mundial.
O obxectivo da actividade foi sensibilizar aos estudantes sobre as situacións de sufrimento, opresión e guerra que se dan noutras partes do mundo, ademais de achegarnos ao mundo profesional do teatro.
Logo da representación, os estudantes tiveron a oportunidade de participar nunha charla co intérprete e técnico da obra. Na actividade participaron alumnado de 4ºESO e 2ºBACH.
Etiquetas:
2ºBACH,
4ºESO,
Artes escénicas e Danza,
Música,
teatro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario