viernes, 19 de noviembre de 2021
Novo premio para Afonso Reporteiros
A profesora de Xeografía e Historia do IES Afonso X O Sabio, Isabel González, fíxose cun galardón nos Premios Educacompostela pola súa innovación educativa no seguinte proxecto:
Afonso-reporteiros: A historia medieval tamén é divertida.
Esta é unha das iniciativas coas que o noso centro conmemorou os 800 anos do nacemento de Afonso X O Sabio.
Para rememorar este fito, elaboraron un vídeo-reportaxe no que se explica tanto o contexto no que viviu o monarca, como a súa biografía e a importancia da súa obra.
Así mesmo, levaron a cabo un roteiro polos lugares máis significativos ligados ao rei na nosa contorna.
Parabéns por esta marabillosa iniciativa!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario