O día 11 de xuño por fin celebramos o acto de graduación do noso instituto. Foi un acto moi emotivo e diferente, xa que nesta ocasión participaron exclusivamente os grandes protagonistas: o alumnado e o profesorado.
Nesta ocasión houbo dous discursos de estudantes lidos por Nerea Tomé e Nerea Carballeira e por Sergio Moya. Tamén contamos coa asistencia do concelleiro de Educación Miguel Ángel Gutiérrez, representantes do ANPA Castelao e, por suposto, da nosa Directora Belén Vidal Marcote.
Houbo tamén actuacións musicais; por unha parte, o grupo de música de 2ºBACH, do grupo de canto coral de 2ºESO e tamén unha canción interpretada por Claudia López e Carla Quintián.
Finalmente, repartimos os diplomas e as orlas.
O evento foi gravado por cámaras profesionais e, en canto teñamos o vídeo, subirémolo para ser compartido por toda a nosa comunidade educativa.
Ao finalizar o evento fixéronnos fotos no exterior, que foron publicadas en La Voz de Galicia.
0 comentarios:
Publicar un comentario