domingo, 25 de abril de 2021

Celebración da Semana Mundial da Inmunización 2021

Como todos os anos no mes de abril, a OMS establece unha semana adicada á Inmunización.  No presente curso, o Departamento de Bioloxía-Xeoloxía organizou varias actividades para esta eferméride durante a última semana de abril.

Por unha banda realizouse unha exposición- que enlaza cos paneis permanentes relacionados coa enfermidade da Covid 19- coa aportación de carteis preparados polo alumnado de 4º ESO. 

Por outra banda, o alumnado podía responder ás preguntas dun díptico axustado aos contidos da exposición, no que colaborou alumnado de Cultura Científica de 1º bacharelato e, nos recreos, houbo turnos de monitores de 4ºESO, que explicaron coa axuda de maquetas -elaboradas por alumnado de 4º e 1º bacharelato- a tecnoloxía das vacinas Covid 19.











0 comentarios:

Publicar un comentario