domingo, 17 de mayo de 2020
Visita á refinería da Coruña
Esta visita á
planta industrial da Refinería de Repsol na Coruña realizámola o 5 de marzo de
2020 un grupo de trinta alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato, grupos A e B,
das materias de Química e de Física. Está encadrada nas actividades formativas
programadas polo departamento de Física & Química do noso centro. Durante
as tres horas da nosa estancia nas instalacións, unha enxeñeira da refinería
acompañounos e serviunos de guía en todo momento; impartiunos tamén unha
lección sobre os procesos da planta e cumprimentou ademais as explicacións no
interior do autocar cos alumnos durante o recorrido completo, de máis de unha
hora, por todas as zonas nas que se dividen as instalacións da planta. Como
remate, agasalláronnos cuns abundantes e saborosos pinchos como despedida
fraternal. O alumnado valorou moi positivamente a experiencia. É que non hai
como conxugar a formación teórica e práctica para acadar unha formación de
calidade. Obrigad@s.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario