Ao longo deste curso desenvolveuse novamente o proxecto Afonso a escena, todas as actividades foron documentadas no blog do proxecto pero queríamos presentar aquí un resumo.
Mantense un coro estable, que se reune para ensaiar dous recreos da ESO semanais e un de bacharelato. Este coro participou no I Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio, realizado no Ágora da Coruña e no VI Encontro de coros escolares de Galicia, que tivo lugar no Teatro da Beneficiencia de Ortigueira, ademais tamén interviu nos distintos concertos que se desenvolveron no curso no noso centro (Fin de curso, acto de Graduación e Nadal).
Para poder realizar todas estas actividades realizáronse ensaios semanais fóra das nosas aulas, abríndose as clases de música ao alumnado, para que prepare as distintas cancións e aprenda a cantar e a tocar diversos instrumentos, ademáis de comer co alumnado un martes ao mes e realizar un ensaio específico e realizar distintos obradoiros de interpretación con profesorado especialista.
Por último, traballouse co alumnado dos centros adscritos de primaria (CEIP Graxal, Portofaro e Wenceslao Fernández Flórez) para realizar unha serie de obradoiros de técnica vocal e, no noso centro, interpretar todos xuntos unha canción (Miña terra galega)
Paralelamente, cos grupos de artes escénicas e danza traballouse para colaborar con distintas actividades do centro, realizándose unhas interpretacións de Shakespeare o día de entrega de premios do XXV Concurso de relatos hiperbreves e da interpretación dun pequeno musical de creación propia.
domingo, 23 de junio de 2019
Actividades do proxecto Afonso a escena
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario