lunes, 14 de mayo de 2018

Visita á exposición “Titanic: the Reconstruction”

O 10 de maio alumnado de 4º ESO e de 1º bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais visitaron
unha exposición itinerante na explanada do Parrote da Coruña, organizada pola Fundación Titanic.

Cunha extensión de 900 m2, a visita comezou cun pequeno documental de 10 minutos
de duración sobre a formación dos icebergs no océano Atlántico e a traxectoria do famoso
barco hora a hora ata que afundiu completamente.
A exposición pretende achegar ao visitante a cómo era a vida a bordo do Titanic a
través de obxectos (que realmente foron rescatados do buque así como tamén de réplicas),
historias (que se ían sucedendo coa axuda da audio-guía) e escenarios reais (as caldeiras,
as bodegas, os lavabos, o posto de comunicacións...).

Pequena reconstrución da sala de caldeiras
Motivados pola audio-guía o alumnos intentaron levantar unha pequena parte da cadea da
áncora do buque
Cartel luminoso publicitario do Titanic

Reconstrución da carga levada polas bodegas
Comparativa entre os lavabos de primeira e segunda clase
Posto de comunicacións desde o que se enviaron as sinais de socorro do barco
Ao final, unha impresionante maqueta con todo luxo de detalles do interior e exterior do
Titanic

0 comentarios:

Publicar un comentario